Pousada San Lourenzo de

 

 

 

 

 

 

San Lourenzo de Pousada :

Pertence o arciprestado de Valdepedroso, delimitada ó norte polas freguesías de A Esperela e A Fontaneira ; Polo Sur ,Penarrubia (Baralla) e Pedrafita de Camporredondo (Baralla) ; ó leste Teixeira e Pedrafita de Camporredondo (Baralla), ó oeste Riomol (Castroverde) e Furís (Castroverde).

Significado.:( Corpus lexicográfico da lingua galega)

"Pousada, casa de aloxamento, en que se dorme, unha ou mais noites, por favor, ou pagando."

Está composta por oito pobos :

.-Airexe

.- O Lago

.- Pousada

.-O Queirogal

.- A Quintá

.- Rego de Pereira

.- Teilalle

.- Vilar

Sitios de interes

hai dous monumentos de carácter relixioso: en Quintá está a Capela de Santa Bárbara, unha pequena construción popular; No seu interior ten só un retablo de estilo neoclásico.

En Ai-rexe está a Igrexa parroquial de San Lourenzo de Pousada. de planta cadrada, divídese no seu interior en tres naves, separadas entre si por dúas fileras de columnas e pilastras. O presbiterio é de planta cadrada, con tres contrafortes no exterior. O frontal ten unha portada con arco de medio punto, e sobre esta a torre campanario que sobresae, formando un cobertizo de planta cadrada, que apoia sobre catro piares. Dos retablos que se conservan, o da capela maior é de estilo barroco e encóntrase mutilado por causa de diferentes reformas no edificio. Os das capelas laterais son de estilo neoclásico

Información adicional