Córneas Santiago de

 

Parroquia pertencente ao arciprestado deValdepedroso.

 

Limita coas parroquias da San Pedro de Esperela e Santiago da Fontaneira

Lugares:

Son os seguintes: Albaredo , Antiguallas , A Azoreira , As Bouzas , Córneas , Escanlar , Fontecavada , Fontela , A Gasalla , Montouto , Paradela , Pereira , A Rasela , Rebedul , A Reboleira , Solleiros , Surriba , Valinfolgueiro , Vilagarcía , Vilanova , Vilardoi , Vilarín de Córneas e Vilela .

Que ver:

. Existen nesta parroquia algúns monumentos de orixe relixiosa, pero abundan as aldeas (aldeas que conservan restos ou que foron recuperadas co aspecto orixinal dos tempos castrexos)

. Teixo.

 

o árbore da vida, e árbore da morte

Ao lado da igrexa encóntrase o que se di que é o Teixo mais vello de Europa,con 2,5 metros de diámetro e máis de 600 anos de antigüidade.

. Outro elemento significativo é a igrexa parroquial de Santiago de Córneas, que lle dá nome á aldea onde está construída. O edificio, de planta rectangular dividida en tres naves afastadas con dúas filas de columnas e dúas pilastras cada unha. Sobre a portada hai unha pedra coa data, no Século XVIII. Conserva no interior varios retablos e o altar maior de estilo Barroco

. Na aldea de Antiguallas o núcleo de poboación está formado por varias casas de construción tradicional, feitas con muros de cachotería e perpiaño de granito e pizarra, e cubertas do mesmo material. Son varios os Hórreos cabazos que se conservan, con madeira, ramas de árbores e cuberta de palla de centeo. A aldea levantouse sobre un Castro.

. Ata hai pouco tempo consérvanse pallozas en Vilagarcía, Rebedul, Vilardoi, Vileala y Albaredo.

. Tamén existe constancia de varios dolmenes ou mamoas, esparexidos por varios pobos desta parroquia e outras do concello

 

Información adicional