Martin Santiago de

Pertencente a o Arciprestado de Luaces

Limita ao norte con San Xurxo de piquín e Lúa (Ribeira de piquín), ao sur Cubilledo e Retizós, ao leste Piñeira (A Fonsagrada) e San Xurxo de Piquín (Ribeira de Piquín) e ao oeste con Milleirós e Valonga (Pol).

Está composta por estes pobos:

A Chousa , Coroto , A Cortevella , A Costa , Couto de Pedra , Fórneas , Landeira , Loureiro , Martín , Mendreiras , Murias , Paradela , As Penelas , O Casal , O Real , As Salgueiras , San Bernabé da Xesteira .

No lugar de Coroto encontramos os restos prehistóricos dun castro con lendas sobre mouros

IGREXA DE SANTIAGO DE SAN MARTÍN

A IGREXA situada a dereita do río Martín coroa un outeiro dende o que se é posible observar todo o pobo. É un templo con amplos muros de cachotaría de lousa recebos.

A nave está cuberta a dúas augas. Posúe dúas portas alinteladas, unha na fronte -e- outra no lateral norte. Sobre a fachada eríxese suntuosa unha espadana dun corpo con dúas troneiras, dúas campás -e- cimacio cunha troneira. Tén un pórtico cuberto a tres vertentes -e- con tres arcos de medio punto.

O presbiterio, con tellado a catro augas, forma un mesmo corpo coa capela da Portaría que se estende ao lateral sur. Esta, presenta arco de medio punto, bóveda de canón -e- dous ventanais laterais. O presbiterio ábrese á nave- cuberto por unha cúpula - con arco triunfal de medio punto sobre pilastras e impostas. A sancristía, na parte posterior, ten planta semicircular -e- cuberta cónica similar a unha ábsida ROMANICO.

O retablo maior está formado por dúas columnas lisas, ocupa toda a cabeceira -e- é de carácter neoclásico. Posúe imaxes de Santiago milhomes, cun ARABE aos pés do cabalo; de San Antonio, Santa Lucía, Inmaculada, San Roque -e- San Antonio Abad. Ademais na nave hai tres retablos con esculturas de San Juan Bautista, San Francisco de Asís, Santa con espada -e- dous relevos de Santa Teresa.

Na aldea de San Bernabé, hoxe abandonada, está a Capela de San Bernabé,(donde se ofrecían los animales, personas ; As xentes do lugar din que celebrabanse e facíanse rogativas ante os cruceiros e peregrinaban o lugar de xeonllos )

Fiesta de San Bernabé da Xesteira (parroquia de Martín) 12 junio.

Lendas

Lenda da Igrexa de Martín: conta a lenda que na parte superior desta igrexa existía unha campá, das pequenas, chamada o"esquilón" cuxos efectos a tocarse soían ser desastrosos, e producía un son moi agudo; tanto era así, que podía cambr un día perfectamente despexado nunha tarde de tronos, treboadas e saraiba. Din que hai moitos anos existía un home, que procedía de familia boa, pero a desgraza cebouse nel; as xentes do lugar dicían que non estaba ben da cabeza. Pero tíñalle gusto a estar tocando as campás, tanto era así que houbo veces que lle tiñan sangrado os pés (pois atábanlle as mans). Comentan que o bo do home tiña a teima de querer tocar o esquilon e sorríase vendo correr as xentes a recolle-los rabaños, roupa e outras cousas por mor a que as treboadas o estragasen todo. A dita campá foi inhabilitada, se ben aínda está na igrexa, e a ninguén pode tocala.

Outra lenda dicía que as persoas non crentes (os ateos) eran enterrados detrás da igrexa sen ataúde nin panteón; tan só nun furado e, cada vez que se facia unha procesión (ven sexa pola semana santa, ou para unha rogativa) era paso obrigado pasar enriba destes.

Tamén se dicía que en tempos era costume enterrar o morto con cestas de comida; noutros casos, as cestas eran comidas por aqueles que ían os enterros (mesmo algún, teñen dito, non comía nada nos días precedentes ao suceso, para, despois darse a gran fartura: estes, entre as xentes dos lugar, eran chamados os famentos). Outro tanto ocorría seica nunha voda ou nun bautizo.

 

Persoas ilustres: (homenaxe a todos e cantos veciños foron desta parroquia) pero de xeito moi especial a todos aqueles que perderon a súa vida neste empeño e nos deixaron un legado de incalculable valor emocional, sendo digno de ser recordado.

Desde aquí quero facer un pequeno homenaxe......a todas estas persoas que teñen que ocupar un lugar privilexiado no recordo deste municipio.

Arximiro Rico Trabada……. Mestre (naceu no San Bernabé (Baleira-Lugo) o 14 de setembro de 1905, mutilado e asasinado o 1 de setembro de 1937, e que creou a seguinte poesía, dedicada á festa de República o 14 de abril de 1936):

"Houbo un tempo en que forte e esplendorosa,

Galicia foi polas nacións mirada,

e baixo a súa bandeira victoriosa,

tiña moita grandeza cobixada."

Información adicional