Librán Sta Mariña de

Historia:
Feligresia da provincia e diocese de Lugo, partido xudicial de Fonsagrada, concello de Baleira. Situado no val deste nome, en terreo desigual  entre as montañas ou serras de Liñeira ao Oete. o clima é frio e húmido, conta cos pobos de.Aldegunde, Barcias, Carraceira, Castiñeiro, Catatrigo, Chao, Foxo, Gulpilleira, Igrexa, Penas e Pereira. A igrexa parroquial (Sta. Mariña), é única e o seu curato de entrada e padroado do marqués de Camarasa; ten unha capela coa advocación de San Mamed, inmediata a “casa da ponte”.
Confina polo Norte. con Sta. Maria de Fonteo; polo Leste. con Santiago de Cubilledo; polo Sur. con San Pedro de Espérela, e polo Oeste. con Sta. Maria de Bolaño, Santiago de Vilariño e San Pedro de Vilalle; Os últimos do concello de Castroverde. hai varias fontes de boa auga e diferentes regueiros; o de Boisindin que ten orixe na montaña da que toma nome e baixa pola dereita do rio Gulpilleira; o rio da Liñeira nace na montaña do mesmo nome, descende pola dereita de Catatrigo, Pereira e Castiñeiro, á este rio incorpórase o caudal que baixa por entre Aldegunde e Saime; o de San Mamed que corre pola esquerda do devandito pobo, no verán apenas corren estes regueiros desaugan noutro que ten orixe na Bacariza, pasa por Vilaselle, baña a feligresia de Libran e segue á  de Fonteo, onde empeza á chamarse rio Eo, porque se lle incorporan as fontes que nacen neste último pobo. En canto ao terreo existen varios montes, como o de ás Azureiras inmediato ao pobo de Penas; os de Boisindin, Demouco, Centena, Campo-Salgueiro e Granda de Barcias, ao Leste, os de Rebolido, Saime e Liñeira ao Oeste. Existe un camiño que a anacos aínda mantén o nome de Calzada, que se dirixe dende Mondoñedo á Castela.

 

Traslado e validación notarial de dúas cláusulas do testamento de Fernán Díaz de Ribadeneira, Señor da Casa de Torés, a petición da súa filla dona Tareixa de Ribadeneira, muller de Vasco das Seixas.

  A referencia escrita máis antiga, da que temos constancia polo momento desta parroquia do val de Valeyra  fai referencia a unha modificación dun testamento no ano 1466

(Publicado por Fernando Dopico)

 

 

Preto da aldea de Saime atópase a Igrexa parroquial de Santa Mariña de Librán “existe unha lenda popular na que se conta que esta igrexa foi trasladada de lugar xunto co seu cemiterio debido ás constantes inundacións producidas polo río "Cotillón" e a fonte coñecida como "de  Riveiro" que tiña ao seu arredor.(de feito a casa  “retoral” atopase neste lugar) - a súa situación actual según esta lenda, foi discutida entre dúas casas da parroquia que no seu día tiñan títulos de Fidalguía. -Casa Grande da Pereira e a casa de Caseiro de Aldegunde.- polo que a raíz disto foí reedificada na metade do camiño entre as devanditas casas

O edificio, de orixe Románica, conserva na actualidade poucos elementos deste estilo debido as diversas remodelacions que experimentou ó longo dos séculos. O parecer, a sua configuración na sua planta corresponde  a dun edificio románico.Esta composto por unhanave rectangular con presbiterio cadrado e co ábside semicircular. A carón do lateral dereito tiña adosada una dependencia que non estaba comunicada coa nave principal   de planta rectangular a cál  era empregada como almacen e sala de autopsias,cando acontecía un feito violento.  Os muros son de pedra xunto con sillería de cantería e lousa, O lousado da cuberta é de lousa na sua nave central e a catro augas o ábside. O presbiterio entrase por un arco triunfal de medio punto,con outros tres grandes arcos a cada lado a modo de fornelos,sobre os que asenta una cúpula de media laranxa, nos arcos laterais encontrabansé sendos altares, hoy desaparecidos. A portada principal  e alintelada, e adosada o frontis. Sobre esta hai un porche cun arco apuntado, do que arranca a torre, con  catro vanos con arco s de medio punto donde se aloxaban as compás (as cales fóron  refundidas , perdendo todo o seu valor e encanto por non falar do son).

Na aldea de Soumede atopase a capela de San Mamede, un pequeño edificio de construcción popular que consta dunha planta rectangular conformada por muros de cachoteria e sillería de granito e pedra, cuberta con lousa a duas augas (parece ser que tempo atrás dita capela atopabase  uns metros mais arriba  o pé dunha fonte)

No lugar de Pereirtamén existiu a "capela da Casa de Pereira" da que actualmente só queda o local.

Os pobos que compoñian a Feligresía: Aldegunde , Barcias , A Carraceira , Catatrigo , Cerreda, O Chao , O Foxo , A Golpilleira , Penas , A Pereira , A Ponte , Saíme , Soumede , O Ventorro  e Vilares . Cerreda.

Nesta parroquei tamen atopamos :

Castro de Pereira de Librán

Pena dos Mouros Vilares

Additional information