A Braña san Miguel da

Etimoloxía

Significado.:( Corpus lexicográfico da lingua galega)
"Prado con auga perenne: pasto de verán que polo común está na faldra dalgún monte onde hai auga e prado: calquera prado para pasto onde hai auga ou humidade, aínda que non haxa monte."

Historia:

 

 

  A Braña, Limita o norte coa parroquia de Retizós, o leste coa de Cubilledo, o sur coa de Fonteo e o oeste coa de Montecubeiro, esta última do municipio de Castroverde

Parroquia da Braña  composta por:

·     a Braña

·     Millares

·     Abrairas

A Lastra san Xoán da

Etimoloxía

Unha lastra ou tamén penedo picudo, é o nome que recibe un tipo de pedra alongada.
Constrúese quitando as dos penedos grandes lascas, de maneira que se vai configurando para formar unha gran lousa plana, de forma puntiaguda e triangular, cun lado máis longo e ancho para facilitar mellor o apoio sobre un burato escavado na terra.
Os terreos dividíanse entre si con paredes ou Llastradas cravados no chan, formando fileiras, segundo o cercado do terreo que se quixese illar.

A Lastra:
Limíta ó Norte con Cubilledo e A Degolada; polo Sur coa Fontaneira; ó Leste con Freixo (A Fonsagrada) e polo Oeste con Cubilledo e A Fontaneira. Esta parroquia formou parte da antiga xurisdición de Baleira, xunto con Cubilledo, Degolada e Librán, e pertence ó arciprestado de Monterroso.

O patrón de esta parroquia da Lastra no concello de Baleira e San Xoán.
Que ver:
Na aldea da Lastra está a igrexa parroquial de San Xoán da Lastra. O edificio ten planta rectangular. no seu interior hai unha imaxe da virxe e o neno do século XV. No altar maior non hay retablo, xa que o orixinal, de estilo neoclásico moi sinxelo levouse á sancristía.
Pobos
.-A Lastra.
.- O Sollío.

Cubilledo Santiago de

 

Santiago de Cubilledo

 

 

Parroquia do arciprestado de Valdepedroso
Lugares: Anduriña, Cabreira, Castrelo, Castro, Cubilledo, Esgrade, Espiña, Ladride, Padornelo, Real de Sampaio, Sampaio, Suagranda, Trembedo, Vilares, Vilarín e Vilauriz.
No lugar de Castro hai unha casa, que polo seu aspecto podería representar os restos dunha torre que existiu nese mesmo lugar, pertencente á xurisdición señorial do conde de Amarante. No lugar de Cabreira encóntrase unha pequena capela que conserva no seu interior unha imaxe da Divina Pastora. No lugar de Castrelo, se situa a capela do mesmo nome, cun retablo de estilo barroco. En Vilarín encóntrase outra capela de dimensións reducidas, cun retablo barroco no altar maior, así como en Vilauriz, que conta tamén cunha capela.

 

Hay documentos que deixan claro, que en tempos pasados esta zona foi rica en minas de ferro.

 

.-Personaxes:

 

Jose Pin conocido como "O Alledo"

 

Famoso Gaiteiro natural de Sampaio de Cubilledo,apenas hay documentación

 

Córneas Santiago de

 

Parroquia pertencente ao arciprestado deValdepedroso.

 

Limita coas parroquias da San Pedro de Esperela e Santiago da Fontaneira

Lugares:

Son os seguintes: Albaredo , Antiguallas , A Azoreira , As Bouzas , Córneas , Escanlar , Fontecavada , Fontela , A Gasalla , Montouto , Paradela , Pereira , A Rasela , Rebedul , A Reboleira , Solleiros , Surriba , Valinfolgueiro , Vilagarcía , Vilanova , Vilardoi , Vilarín de Córneas e Vilela .

Que ver:

. Existen nesta parroquia algúns monumentos de orixe relixiosa, pero abundan as aldeas (aldeas que conservan restos ou que foron recuperadas co aspecto orixinal dos tempos castrexos)

. Teixo.

 

o árbore da vida, e árbore da morte

Ao lado da igrexa encóntrase o que se di que é o Teixo mais vello de Europa,con 2,5 metros de diámetro e máis de 600 anos de antigüidade.

. Outro elemento significativo é a igrexa parroquial de Santiago de Córneas, que lle dá nome á aldea onde está construída. O edificio, de planta rectangular dividida en tres naves afastadas con dúas filas de columnas e dúas pilastras cada unha. Sobre a portada hai unha pedra coa data, no Século XVIII. Conserva no interior varios retablos e o altar maior de estilo Barroco

. Na aldea de Antiguallas o núcleo de poboación está formado por varias casas de construción tradicional, feitas con muros de cachotería e perpiaño de granito e pizarra, e cubertas do mesmo material. Son varios os Hórreos cabazos que se conservan, con madeira, ramas de árbores e cuberta de palla de centeo. A aldea levantouse sobre un Castro.

. Ata hai pouco tempo consérvanse pallozas en Vilagarcía, Rebedul, Vilardoi, Vileala y Albaredo.

. Tamén existe constancia de varios dolmenes ou mamoas, esparexidos por varios pobos desta parroquia e outras do concello

 

Degolada san Lourenzo de

San Lourenzo de Degolada

Feligresía que limita ao Norte con Paradavella, ao Sur con Freixo, ao Leste novamente con ambas as dúas e, ao Oeste coa Lastra. Pertence ao arciprestado de Valdepedroso  Pode destacarse o castro de Degolada de notorios vestixios da cultura castreña, situados nun outeiro próximo á aldea do mesmo nome.

Additional information