Valeira ou Baleira

    

                     

 

                                                                      

..Inaudito!!

Estamos en terras de Vales e o primeiro que facemos é escribilo con B de....(bonito); iso que ben mirado non deixa de ter a súa graza, polo de terra Bonita!

 

Valeira non só ten montañas, entre as Montañas existen Vales e nestes vales nacen Rios, rios que nos enchen de vida. - vida que é Natureza e Esperanza. - Natureza e Esperanza que fan destas terras un lugar Fermoso e marabilloso.

.........Valeira dos Vales!!!!!

 

Isto é Valeira ......   e queremos que a coñezas e desfrutes.

Déixovos uns versos que resumen sen dúbida esta idea:

 

"Terra moura das montañas!

 Boa terra que dás auga

  e teis  auga nas  entrañas!"

                                                               Uxío Novoneyra ‘Os Eidos’ (1990)

                                                   

Parabéns! Esta vostede na web de Valeira!. O espazo Web! Valeira.es! pretende que vostede se sinta cómodo, que lle sexa doado percibir toda a información que lle imos mostrar. En definitiva ,un sitio web onde teña a man que o desexe e que sexa sinxelo de actualizar e manter.

Valeira. es! é unha plataforma que busca ser flexible e potente para dar a coñecer as nosas terras , a nosa historia (abundante e descoñecida á vez) e sobre todo o noso medio natural; Se vostede está interesado neste pequeno proxecto, este sitio é para vostede e para todo visitante que aínda non sendo de Valeira síntase un máis ou que simplemente desexe apreciar e gozar dos encantos desta, a nosa terra. "Valeira" é de código aberto, o que significa que vostede pode colaborar e darnos a súa opinión para que funcione do xeito que vostede desexe.

Grazas.

Información adicional