Esperela san Pedro de

Monasterium Sancti Petri de Asperella

 

 

Historia:

"Asperella, San Pedro de. En la feligresía de su nombre, mun. de Valeira (Lugo). El 20 de abril del 857 en la donación por Ordoño I a la catedral de Oviedo se incluye «in territorio Nera, monasterium Sancti Petri de Asperella»"

Outro dos feitos acontecidos neste lugar e que ten moito que ver con este Mosteiro, foi unha cruenta e brutal batalla acontecida nestes lugares, concretamente no Monte que aínda hoxe en día conserva o nome de "Monte dá Matanza" segundo a lenda se di que esta igrexa se construíu no sitio onde deixo de correr o sangue que viña monte abaixo polo regueiro que baixa dende o lugar da batalla, segundo algúns veciños, haí un túnel feito de pedra e chantos baixo o terreo, que conducía ao devandito mosteiro; Outros escritores simplemente a denominarón esta batalla como unha "Carniceria"
Destes feitos queda constancia na fachada do antigo concello un escudo en pedra no que se representa un soldado cristián acoitelando os mouro

Nesta época polo que se aprecia nestes escritos dos reis Asturians, toda esta zona denominábase territorio Nera / neyra (en referencia ao rio Neira,(que nace no lugar de Fontaneira) e con toda seguridade xa ven da época Romana).

O Obispado de Oviedo chegaba ao val de Valonga que denominaban valle_longo (onde parece ser existiu outro mosteiro en honor a sta Maria,mosteiros que se van creando durante a reconquista para afianzar o terreo e poboalo ).

Lateral dcho Actas dos reis Asturians” (718-910)
Carta de delimitación da diócese acordada no concilio de Oviedo do 20 de Abril do ano de 857

In Gallctia, Vallis Longa, Suar-
na, Neira, tota Sarria usque ad liu-
men Mineura, cum Paramo;... tota
Lemos cum Vinitia et Verosma et
Saviniana et Froiare usque ad flu-
men Silum, Asma,Camba, Castella,
Ënsania, Barbantes, Aviancos, Avia
et Avion; Limia cum ecclesiis de
Petraio, quae aedificatae sunt vel
fuerint inter Arnovium flumen et
Silum, a termino mentis Buron et
per aquam Zorae usque in flumen
Amoiae,etper Ipsum decursum us-
que in flumen Minium, in Veza, us-
que portellum de Venati, et eccle-

sias de Salas inter Arnoiam et Si-
lum, cum ecclesiis de Barrosa.
………………………….

Pousada San Lourenzo de

 

 

 

 

 

 

San Lourenzo de Pousada :

Pertence o arciprestado de Valdepedroso, delimitada ó norte polas freguesías de A Esperela e A Fontaneira ; Polo Sur ,Penarrubia (Baralla) e Pedrafita de Camporredondo (Baralla) ; ó leste Teixeira e Pedrafita de Camporredondo (Baralla), ó oeste Riomol (Castroverde) e Furís (Castroverde).

Significado.:( Corpus lexicográfico da lingua galega)

"Pousada, casa de aloxamento, en que se dorme, unha ou mais noites, por favor, ou pagando."

Está composta por oito pobos :

.-Airexe

.- O Lago

.- Pousada

.-O Queirogal

.- A Quintá

.- Rego de Pereira

.- Teilalle

.- Vilar

Sitios de interes

hai dous monumentos de carácter relixioso: en Quintá está a Capela de Santa Bárbara, unha pequena construción popular; No seu interior ten só un retablo de estilo neoclásico.

En Ai-rexe está a Igrexa parroquial de San Lourenzo de Pousada. de planta cadrada, divídese no seu interior en tres naves, separadas entre si por dúas fileras de columnas e pilastras. O presbiterio é de planta cadrada, con tres contrafortes no exterior. O frontal ten unha portada con arco de medio punto, e sobre esta a torre campanario que sobresae, formando un cobertizo de planta cadrada, que apoia sobre catro piares. Dos retablos que se conservan, o da capela maior é de estilo barroco e encóntrase mutilado por causa de diferentes reformas no edificio. Os das capelas laterais son de estilo neoclásico

Retizos sta María Magdalena

 

 

Retizos:

 

 

 

Señorío de Santa María de Meira (de 1150 a 1525 Galicia medieval

Hoxe en día:
Pertence ao arciprestazgo de Luaces, e limita coas parroquias de Martín e Milleirós (esta do concello de Pol) ao norte, coa Braña ao sur, Cubilledo ao leste, e Montecubeiro (do concello de Castroverde) e Milleirós, Caraño (as dúas do concello de Pol) ao oeste.
A igrexa parroquial está dedicada a Santa María Madalena é do século XVII, celebrse a suas festas o primeiro Domingo de Outubro.
Está composta por : Retizós, San Román, o Alledo e Muiña

Fonteo sta María de

 

Reserva da Biosfera

O seu nome deriva do nacemento do río Eo. Fonte do Eo

Limita o Norte con Braña; ao Sur con Librán; ao Leste con Cubilledo e ao Oeste con Pena (Castroverde).

Festa de Santa Mariña de Fonteo (15 de agosto).

Nucleos de poboación:

O Barreiro - Castiñeiras - A Ferraría - Fonteo - O Pibidal - Río de Castro - Valdeirexe - A Veiguiña


 

Fonteo

En Fonteo, a partir de múltiples ollos sobre a pedra calcaria, sae a auga que se converterá no Eo que rega as terras dunha ampla extensión da Reserva da Biosfera río Eo, Oscos e Terras de Burón, cuarta reserva concedida en Galicia.

Rio EO

HISTORIA DE GALIZA Ramón Otero Pedrayo:

... Fonteo, Brana, Retizós — eo rego Martino leva xa o senso de Eu cuio nome e balume remanece do seu xuntárese cas augas baixadas do Hespidal de Montouto por riba de Para- davella no hourizonte en que asegura suas fragas o monte dos...

Río que discorre pola zona máis occidental da rexión facendo de fronteira entre Asturias e Galicia. Nace en Baleira (Lugo), na sierra de O Mirador, a unha altitude de 850 m, e esténdese ao longo de 91,50 km para desembocar no mar Cantábrico

Flora
O curso alto do Eo, ata os límites do municipio, así como os seus afluentes, presentan importantes manchas de bosque de interior nas que domina un estrato arbóreo formado basicamente por ameneiros (Alnus glutinosa), acompañado de salgueiros (Salix atrocinerea), ou acivro (Ilex aquifolium)arraclanes (Frangula alnus), freixos (Fraxinus excelsior), abeleiras (Corylus abelá) e olmos montanos (Ulmus glabra), entre outros. Así mesmo o fento sucesorio macaronésico (Woodwardia radicans) tamén habita nestes bosques de interior.

Fauna

O río Eo alberga importantes comunidades de especies faunísticas ameazadas o que lle valeu a súa inclusión na Rede Natura 2000, ben como LIC (Lugar de Interese Comunitario), a través da Directiva Hábitats, ben como ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves), a través da Directiva Aves.

En canto á fauna íctica, aparecen o salmón (Salmo salgar ) a lamprea mariña (Petromyzon marinus), a zamborca (Sábalo sábalo), o reo (Salmo trutta trutta), a anguía (Anguilla anguilla) e a voga (Chondrostoma polylepis).

Entre os invertebrados destacan a especie de bolboreta (Callimorpha quadripunctaria), o cabaliño do demo (Coenagrion mercuriale), e a madreperla de río ou mexillón de río Margaritifera margaritifera. Tamén se recolleron citas do ameazado cangrexo de río autóctono (Austropotamobius pallipes). Mamíferos de interese comunitario que aparecen no Eo son a londra (Lutra lutra) e o desmando ibérico (Galemys pyrenaicus).

Uns metros máis abaixo deste nacemento do rio EO, encóntrase a empresa de maior factuación do concello ovapiscis a principal actividade e:

Desenrolo e cría de lotes de reproductoras, reproducción, producción de hueva para caviar

Piscifactoria de Fonteo ovapiscis

 

Additional information