Cubilledo Santiago de

 

Santiago de Cubilledo

 

 

Parroquia do arciprestado de Valdepedroso
Lugares: Anduriña, Cabreira, Castrelo, Castro, Cubilledo, Esgrade, Espiña, Ladride, Padornelo, Real de Sampaio, Sampaio, Suagranda, Trembedo, Vilares, Vilarín e Vilauriz.
No lugar de Castro hai unha casa, que polo seu aspecto podería representar os restos dunha torre que existiu nese mesmo lugar, pertencente á xurisdición señorial do conde de Amarante. No lugar de Cabreira encóntrase unha pequena capela que conserva no seu interior unha imaxe da Divina Pastora. No lugar de Castrelo, se situa a capela do mesmo nome, cun retablo de estilo barroco. En Vilarín encóntrase outra capela de dimensións reducidas, cun retablo barroco no altar maior, así como en Vilauriz, que conta tamén cunha capela.

 

Hay documentos que deixan claro, que en tempos pasados esta zona foi rica en minas de ferro.

 

.-Personaxes:

 

Jose Pin conocido como "O Alledo"

 

Famoso Gaiteiro natural de Sampaio de Cubilledo,apenas hay documentación

 

Degolada san Lourenzo de

San Lourenzo de Degolada

Feligresía que limita ao Norte con Paradavella, ao Sur con Freixo, ao Leste novamente con ambas as dúas e, ao Oeste coa Lastra. Pertence ao arciprestado de Valdepedroso  Pode destacarse o castro de Degolada de notorios vestixios da cultura castreña, situados nun outeiro próximo á aldea do mesmo nome.

Fontaneira Santiago de

Santiago da Fontaneira

Non se pode expresar de mellor xeito, nin tan alto nin tan claro: Fonte do Neira. altitude ( 940 m de altitude) claro (auga) nacemento do rio Neira
O r
ío Neira é unha corrente de auga de gran riqueza piscícola e ecolóxica. Nace na serra de Portelo e despois de 56 quilómetros de lonxitude, desemboca no Miño.
Sen lugar a dúbidas podemos dicir que dende Baleira regamos Galicia (Eo, Neira) e temos que dicilo con humildade, pero tambien co orgullo de ser portadores de:
"fonte de vida"

 

Reseña da Historia..

 

¡¡Arde a Fontaneira!!.......

En 1809 as tropas de Napoleon que mandaba o Xeneral Soult perseguindo o xeneral Inglés Sir John Moore arrasaban todo canto atopan o seu paso. Os veciños da xurisdición de Baleira, dirixidos polo noso paisano Xosé María Páramo e Montenegro e con axuda das xentes de Neira de Xusá e Castroverde, acosáronos e perseguiron para non deixar impunes os atropelos que as tropas cometían ao seu paso, unha das máis graves o incendio da Fontaneira.

 

 Hoxe en día,

Parroquia de Fontaneira:
Delimitada polo Norte Cubilledo; ao Sur Piedrafita e Camporredondo; ao Leste Freixo e Lastra e ao Oeste por Esperela e Librán.
Nestas paraxes, nada mellor que achegarnos á Pena do Castro en Vilar dous Adrios para observar detidamente os restos amurallados da primitiva construción castrexa. Se nos interesa a arquitectura relixiosa temos a opción de visitar os bos exemplares que a definen. É o caso da Igrexa de Fontaneira -e- as Capelas de Vilar dous Adrios -e- Pasada.
Lugares de A Fontaneira:

.- O estornin
.- Pandelo
.- A Pasada
.- O Sesto
.-O trabeiro
.- Xestoso
.- Vilar dos Adrios ( Núcleo de poboación formado por varias casas de construción tradicional, realizadas con muros de cachotaría e cadeirado de granito e lousa, e cubertas do mesmo material. Nesta aldea consérvanse varios celeiros e cabazos con cuberta de palla e paredes a base de trenzados de ramas. Esta aldea sitúase a escasos 150 m dun castro.)

Personaxes:

.- O cego da Fontaneira (Florencio López Fernández)

 

Martin Santiago de

Pertencente a o Arciprestado de Luaces

Limita ao norte con San Xurxo de piquín e Lúa (Ribeira de piquín), ao sur Cubilledo e Retizós, ao leste Piñeira (A Fonsagrada) e San Xurxo de Piquín (Ribeira de Piquín) e ao oeste con Milleirós e Valonga (Pol).

Está composta por estes pobos:

A Chousa , Coroto , A Cortevella , A Costa , Couto de Pedra , Fórneas , Landeira , Loureiro , Martín , Mendreiras , Murias , Paradela , As Penelas , O Casal , O Real , As Salgueiras , San Bernabé da Xesteira .

No lugar de Coroto encontramos os restos prehistóricos dun castro con lendas sobre mouros

IGREXA DE SANTIAGO DE SAN MARTÍN

A IGREXA situada a dereita do río Martín coroa un outeiro dende o que se é posible observar todo o pobo. É un templo con amplos muros de cachotaría de lousa recebos.

A nave está cuberta a dúas augas. Posúe dúas portas alinteladas, unha na fronte -e- outra no lateral norte. Sobre a fachada eríxese suntuosa unha espadana dun corpo con dúas troneiras, dúas campás -e- cimacio cunha troneira. Tén un pórtico cuberto a tres vertentes -e- con tres arcos de medio punto.

O presbiterio, con tellado a catro augas, forma un mesmo corpo coa capela da Portaría que se estende ao lateral sur. Esta, presenta arco de medio punto, bóveda de canón -e- dous ventanais laterais. O presbiterio ábrese á nave- cuberto por unha cúpula - con arco triunfal de medio punto sobre pilastras e impostas. A sancristía, na parte posterior, ten planta semicircular -e- cuberta cónica similar a unha ábsida ROMANICO.

O retablo maior está formado por dúas columnas lisas, ocupa toda a cabeceira -e- é de carácter neoclásico. Posúe imaxes de Santiago milhomes, cun ARABE aos pés do cabalo; de San Antonio, Santa Lucía, Inmaculada, San Roque -e- San Antonio Abad. Ademais na nave hai tres retablos con esculturas de San Juan Bautista, San Francisco de Asís, Santa con espada -e- dous relevos de Santa Teresa.

Na aldea de San Bernabé, hoxe abandonada, está a Capela de San Bernabé,(donde se ofrecían los animales, personas ; As xentes do lugar din que celebrabanse e facíanse rogativas ante os cruceiros e peregrinaban o lugar de xeonllos )

Fiesta de San Bernabé da Xesteira (parroquia de Martín) 12 junio.

Lendas

Lenda da Igrexa de Martín: conta a lenda que na parte superior desta igrexa existía unha campá, das pequenas, chamada o"esquilón" cuxos efectos a tocarse soían ser desastrosos, e producía un son moi agudo; tanto era así, que podía cambr un día perfectamente despexado nunha tarde de tronos, treboadas e saraiba. Din que hai moitos anos existía un home, que procedía de familia boa, pero a desgraza cebouse nel; as xentes do lugar dicían que non estaba ben da cabeza. Pero tíñalle gusto a estar tocando as campás, tanto era así que houbo veces que lle tiñan sangrado os pés (pois atábanlle as mans). Comentan que o bo do home tiña a teima de querer tocar o esquilon e sorríase vendo correr as xentes a recolle-los rabaños, roupa e outras cousas por mor a que as treboadas o estragasen todo. A dita campá foi inhabilitada, se ben aínda está na igrexa, e a ninguén pode tocala.

Outra lenda dicía que as persoas non crentes (os ateos) eran enterrados detrás da igrexa sen ataúde nin panteón; tan só nun furado e, cada vez que se facia unha procesión (ven sexa pola semana santa, ou para unha rogativa) era paso obrigado pasar enriba destes.

Tamén se dicía que en tempos era costume enterrar o morto con cestas de comida; noutros casos, as cestas eran comidas por aqueles que ían os enterros (mesmo algún, teñen dito, non comía nada nos días precedentes ao suceso, para, despois darse a gran fartura: estes, entre as xentes dos lugar, eran chamados os famentos). Outro tanto ocorría seica nunha voda ou nun bautizo.

 

Persoas ilustres: (homenaxe a todos e cantos veciños foron desta parroquia) pero de xeito moi especial a todos aqueles que perderon a súa vida neste empeño e nos deixaron un legado de incalculable valor emocional, sendo digno de ser recordado.

Desde aquí quero facer un pequeno homenaxe......a todas estas persoas que teñen que ocupar un lugar privilexiado no recordo deste municipio.

Arximiro Rico Trabada……. Mestre (naceu no San Bernabé (Baleira-Lugo) o 14 de setembro de 1905, mutilado e asasinado o 1 de setembro de 1937, e que creou a seguinte poesía, dedicada á festa de República o 14 de abril de 1936):

"Houbo un tempo en que forte e esplendorosa,

Galicia foi polas nacións mirada,

e baixo a súa bandeira victoriosa,

tiña moita grandeza cobixada."

Additional information